lunes, 15 de diciembre de 2014

Pleno do 15/12/2014

Moi boas tardes veciños e amigos, hoxe ás 20:30 hrs. no salón de plenos do concello de Carballo, debatiremos os presupostos para o ano 2015, o concelleiro socialista xa adianta que non votará en contra, polo que pouco se pode facer xa. Pero tamén falaremos do problema tan gordo que estamos a ter coa nova iluminación. Un goberno como o do BNG que non escatima en gastos inútiles (véxase o Túnel, rotonda inútil nunha recta, parking inexistente, compra dun edificio para tiralo e segue en pé dez anos despois...), retira 800 puntos de luz no Concello. Os máis destacados que podemos referenciar son as 70 farolas nos parques do Anllóns, San Martiño e A Milagrosa, ademáis de puntos de luz na rúa Coruña ou Vázquez de Parga entre outros, donde cada poste tiña dous focos, e agora só un.
Desexámosvos un feliz día a todos, e vamos a pelexar porque os Carballeses se decaten dunha vez do que estos gobernantes do BNG están a desfacer máis que facer.

Unha das moitas farolas que foron "retocadas"

lunes, 1 de diciembre de 2014

Sobre a problemática do lixo en Carballo

   O pasado luns, cando se estaba tratando o terceiro punto da orde do día, varios veciños interromperon o Pleno Municipal e en ese momento o Alcalde decidiu suspéndelo, levantouse e marchou, e tras él saíron o resto de corporativos do BNG. E certo que unha vez iniciada a sesión o público non pode intervir, pero non e menos certo que era a primeira interrupción que se producía e o normal e que dera aviso os que protestaban, alomenos unha vez, advertíndolles que si persistían na súa actitude debían abandonar o Salón de Plenos. Nada de iso fixo.
   Por iso a nos pereceunos unha medida prematura e desproporcionada. De todos os xeitos, intentamos non darlle mais transcendencia porque penso que os problemas non se solucionan porque se suspenda ou se deixe de suspender un Pleno Municipal.
    Para a nosa sorpresa tanto o Sr. Alcalde como o Sr. Regueira saen publicamente culpando os veciños, dicindo que para o goberno se lles fai moi duro loitar contra situacións tan inxustas, que as suas pretensións son unha desvergonza, que casi ningún concello permite acceder o Pleno con pancartas, que o Pleno foi tomado pola xente propietaria de vivendas baleiras a berros, que esta xente desestabiliza a normalidade democrática para manter privilexios...: e todo iso facendo comparativas demagóxicas sen sentido coa señora desahuciada en Vallecas, con STOP desafiuzamentos y coa Plataforma de Afectados pola Hipoteca; e incluso facendo referencia o termo tan de moda: “casta”.
    Pois ben, quero puntualizar o seguinte:
1.- En relación coa protesta, fai uns meses veu o Pleno a CIGA e en outra ocasión a plataforma en contra de mina de Corcoesto, todos con pancartas e reclamos reivindicativos e nada se dixo. Agora que as pancartas as levan quen protesta contra as decisión do goberno municipal parece haber problemas. E obvio que todo o mundo ten dereito a protestar por aquelo que non consideran xusto, non soo aqueles cos que o goberno municipal simpatiza.
2.- En relación coa taxa de lixo das vivendas baleiras, nos propoñemos volver o regulado na anterior ordenanza que vinculaba o pago da taxa a efectiva ocupación (si non xenera lixo non nos parece xusto que pague a taxa de recollida de lixo) regulación que foi pacífica sempre en Carballo, incluídos os 9 primeiros anos do goberno de Evencio Ferrero. Si esa normativa era tan tremendamente inxusta como din, como e posíbel que a mantiveran en vigor 9 anos. Mal se comprende.
Critican que o Partido Popular teña distinto criterio en cada municipio en relación con este tema pero non pode ser de outro xeito. O Partido Popular, obviamente, como depende da autonomía de cada Concello non ten unha ordenanza tipo, como tampouco a ten o Bloque. Si iso fora así chegaríase o absurdo de que cada vez que houbese un cambio de goberno municipal habería que cambiar todas as ordenanzas, por iso a Ordenanza que teñen en Camariñas, Dumbria ou Santiago non teñen por que ser iguales a de Carballo. En Carballo o pago estuvo sempre vinculado a ocupación.
O cambio da Ordenanza foi unha decisión do goberno coa única finalidade de recadar mais (nestes últimos 4 años o goberno de Evencio Ferrero subiu os tributos un 21%, pasando de ingresar 9.500.000 a ingresar 11.500.000 €, e dicir, 2.000.000 de euros máis; lamentablemente todos eles adicados o gasto corrente do Concello e non a inversión)
Un pode estar de acordo ou non con que as vivendas baleiras paguen a taxa de lixo (recordemos que xa pagan a contribución e todos os impostos que gravaron a adquisición da propiedade), pero o que non nos parece de recibo e que se califique as pretensión de estes veciños de desvergonza e manifesta inxustiza. E tampouco nos parece de recibo que se empregue o termo casta para referirse a quenes o único que fixeron no seu dia foi inverter os seus cartos en Carballo contribuindo o progreso da nosa vila.
Todos debemos esforzarnos para deixarlle os nosos fillos un Carballo mellor que o que nos temos e nos momentos de maior dificultade e cando máis unidos debemos estar. Por eso, Sres Ferrero e Regueira, creo firmemente que lle facemos un  flaco favor o futuro do noso pobo si queremos dividir os carballeses en castas. 

Miguel Ferreiro é o voceiro do PP de Carballo

martes, 25 de noviembre de 2014

Suspendido el pleno de Carballo por la interrupción del público

1.- "Non ten sentido suspender o pleno sen antes facer unha advertencia da obriga de comportarse".
2.- "cuando estuvieron en el pleno miembros de la plataforma contra la mina de Corcoesto, algunos hicieron comentarios en alto sobre su compañero Aurelio Núñez, «e non pasou nada»."



Veciños de Carballo no pleno de onte Luns


Noticia recollida en lavoz.es edición de Carballo.

  Por primera vez en la historia reciente -al menos desde 1979- un pleno de Carballo quedó suspendido durante el debate del orden del día. Eso sucedió ayer, sobre las 20.40 horas, por tanto a los diez minutos de haber empezado, cuando quedaban por tratar cuatro puntos (llevaban tres), además de las mociones a mayores de los grupos de la oposición. Fue en la cuarta cuestión (un trámite sin más: la modificación de la mesa local de comercio) cuando el público, casi 150 personas y con los carteles habituales de otras sesiones para protestar por tener que pagar la basura de las viviendas vacías (exigen un cambio en la ordenanza, igual que el PP y TeGa), comenzó a corear: «Queremos solución, alcalde dimisión». Era la misma consigna con la que habían recibido al regidor, Evencio Ferrero, cuando llegó a la sala, y durante unos tres minutos. [Durante los plenos, los asistentes no pueden hablar].
Después de eso, todo comenzó la sesión con normalidad: un minuto de silencio por la víctimas de la violencia sexista, la aprobación de la correspondiente declaración institucional y la declaración de apoyo a José Mato, preso en Colombia, instando a las Administraciones a que trabajen para agilizar los trámites de su proceso. Lo siguiente ya no se aprobó. Al escuchar los gritos, Ferrero suspendió la sesión y se marchó. Y con él sus compañeros de grupo del BNG, y unos segundos más tarde, los funcionarios.
Al principio se produjo un cierto desconcierto, porque algunos pensaban que se iba a reanudar. Tanto lo pensaban que la mayoría aguantó una hora más. Algunos incluso sugería quedarse toda la noche, pero no fue más que un comentario aislado.
Con posterioridad, Ferrero explicó que no quiso desalojar a nadie, pese a que la ley se lo permite (y los ejemplos son numerosos en las corporaciones locales, en el pasado y en el presente). «Un pleno non se pode facer coas interrupcións do público. Creo nas institucións e no bo comportamento e educación das persoas, e as cousas non se resolven pola forza, si con educación».
El portavoz del PP, Miguel Ferreiro, también lo valoró: «Non nos parece normal que ante a primeira manifestación que se fai dende o público se tome esa medida, sen sequera dar avisos sobre unha posible expulsión. Non ten sentido suspender o pleno sen antes facer unha advertencia da obriga de comportarse», señaló. Recordó que, cuando estuvieron en el pleno miembros de la plataforma contra la mina de Corcoesto, algunos hicieron comentarios en alto sobre su compañero Aurelio Núñez, «e non pasou nada».
Manuel Andrade, de Terra Galega (iba a presentar una nueva moción para cambiar la ordenanza, por cierto), considera que lo que pasó es una «tomadura de pelo», porque «a xente ten dereito á pataleta, a expresar a súa opinión, o alcalde pode pedir silencio. E se non lle fan caso en tres ou catro veces, tomar medidas, pero iso non o fixo, suspendeu sen máis».
Uno de los vecinos más activo, Manuel Pereira García, tomó la palabra casi una hora después, cuando ya solo había ediles del PP y TeGa, para animar a los presentes a acudir de nuevo al próximo pleno que se celebre. «Para defender o noso», indicó. Cree que la acción de Ferrero es «unha falta de educación», y lamentó que no haya habido diálogo.
La próxima sesión aún no se sabe cuándo será. Antes habrá que reunir a la mesa de portavoces y fijar el orden del día.

jueves, 20 de noviembre de 2014

"O BNG non quere a autovía da Costa da Morte"

Noticia de adiantegalicia.es (19/11/2014)

        O Partido Popular respostou as acusacións do BNG cunha comparecencia conxunta dos deputados Alejandro Gómez e Aurelio Núñez Centeno na que acusaron os nacionalistas de non querer que a autovía avance.

       Se Ana Pontón comparecía en Vimianzo, acompañada polos alcaldes de Carnota, Zas, Vimianzo e un concelleiro de Carballo, o Partido Popular organizaba unha rolda de prensa na capital de Bergantiños na que interviñan o voceiro de infraestruturas e deputado, Alejandro Gómez e o parlamentario Aurelio Núñez Centeno.Se o Bloque falaba de suposta prevaricación e anunciaba que enviaría a información a Fiscalía, o Partido Popular respostaba tamén con contundencia.
Aurelio Núñez e Alejandro Gómez na sede do Partido Popular en Carballo.
        “Está claro que o Bloque Nacionalista Galego quere boicotear a adxudicación desta autovía. Non queren a autovía da Costa da Morte” manifestou o voceiro de infraestruturas do PP,Alejandro Gómez Alonso.
    Gómez Alonso criticou as “técnicas cicateiras e as ameazas” do Bloque pero reiterou os compromisos da Xunta de afrontar durante esta lexislatura o treito Carballo-Baio: “Non imos paralizar a obra porque é un compromiso que temos coa Costa da Morte e coa bisbarra de Bergantiños”.
       “Temos a conciencia tranquila e sabemos que isto se vai a executar conforme  a lexislación vixente” apuntou Gómez aclarando que no Partido Popular “non temos medo as denuncias do Bloque ante a Fiscalía”.
         Nesta rolda de prensa tamén interviúu o deputado autonómico Aurelio Núñez Centeno que reprochou as “declaración cheas de falsedades” da oposición e insistiu en que a decisión tomada pola Xunta “é a única poisibilidade real de continuar coa autovía”.Núñez Centeno pensa que a reacción da oposición se debe “as escasas perspectivas electorais do futuro”. Asemade anunciou que o PP presentará unha moción tanto na Deputación provincial coma nos concellos pedindo a Consellería de Infraestruturas que se comprometa a rematar durante esta lexislatura o treito Carballo-Baio.

martes, 4 de noviembre de 2014

Inaugurada a Unidade de atención temperá de Carballo

      Onte Luns inaugurouse en Carballo a Unidade de Atención Temperá, na que os nenos de ata 6 anos con algún tipo de discapacidade recibirán unha atención integral, e de gran necesidade para Carballo. Estará instalada no edificio do antiguo ambulatorio da localidade, nun local cedido polo concello. Este servicio é o primeiro en funcionamento na provincia da Coruña e o terceiro de Galicia, e foi posto en marcha pola Consellería de traballo e benestar e maila asociación galega de atención tempra (AGAT), e tamén coa colaboración do Concello de Carballo. 

Miguel Ferreiro do PP de Carballo, Belén do Campo, Coro piñeiro e o
 Alcalde de Carballo entre outros asistentes na apertura do AGAT.
      A apertura oficial correu a cargo de Coro Piñeiro, directora xeral de política social. Tamén estivo Teresa Busto, presidenta de AGAT que agradeceu a colaboración da xunta para a pertura de este centro, entre os asisentes o alcalde de Carballo e doutros concellos da bisbarra, debido ó carácter comarcal da unidade inaugurada. Tamén asistiron a esta trascendental inauguración o parlamentario e concelleiro carballés do partido popular Aurelio Núñez, e o portavoz do PP no concello Miguel Ferreiro. 
Marga Varela e Belén Docampo na inauguración da AGAT en Carballo 
     
     Catorce familias están xa a espera dunha cita nunha instalación que a entidade promotora quixo crear hai xa cinco anos na capital da comarca, pero que non se foi posible ata onte.


jueves, 30 de octubre de 2014

Obras de mellora da estrada Carballo-Santiago

nova recollida en Quepasanacosta.com

 O pleno da Deputación aprobará este venres o proxecto de mellora do firme ao longo da estrada DP.1914 de Carballo a Portomouro, a estrada que une a capital berganmiñá con Santiago de Compostela.

Estrada Carballo - Santiago, lugar de Entrecruces 
Segundo o proxecto, trátase de estender unha capa de mestura bituminosa en todo o ancho da calzada, cunha superficie total de 51.000 metros cadrados. Nos puntos máis deteriorados, onde o firme existente se atope máis agretado, realizarase un fresado e unha reposición completa. 
Do mesmo xeito, executarase a sinalización horizontal necesaria nun total de 28,9 quilómetros nas beiravías e de 14,5 quilómetros en liña de eixo. Por último, instalarase unha drenaxe lonxitudinal con canalización de pvc en aproximadamente 50 metros. 
 A obra conta cun investimento estimado de 444.000 euros.



miércoles, 29 de octubre de 2014

A Carballesa Margarita Varela toma posesión do seu escaño no parlamento en sustitución Erias


  (EFE) A deputada do Partido Popular Margarita Varela tomou hoxe posesión do seu escano no Congreso dos Deputados despois de xurar acatala Constitución durante o pleno deste Martes.

          Marga Varela, sustitúe ó deputado pola Coruña Antonio erias, quen solicitou a renuncia do seu escano no Congreso para ocupar un alto cargo no Operador do Mercado ibérico de Gas, según informaron a Efe fontes do grupo parlamentario popular.
               O Operador do Mercado Ibérico de Gas é o equivalente ó operador do mercado da electricidade, marco donde se realizan as transaccións maioristas deste tipo de enerxía.                O escano de Erias será ocupado pola concelleira Carballesa Marga Varela    quen previsiblemente tomará posesión no pleno do Congreso da próxima semana. 
           Erias era ata o de agora portavoz do PP na comisión de industria, Enerxía e Turismo da Cámara baixa.
A deputada Carballesa Marga Varela no seu escano no congreso dos deputados en Madrid.


           


martes, 30 de septiembre de 2014

O rodillo tan atribuído ó PP estaba nas mans do goberno do BNG e de Evencio Ferrero en Carballo.

Ao final, os votos do BNG e PSOE serviron para frear as mocions de PP e TEGA que se apoiaron mutuamente. O público foi abandonando o salón de plenos, e varios concelleiros nacionalistas tiveron que escoitar algunha reprimenda verbal durante a marcha dos veciños.

O portavoz do BNG , Xosé Regueira ante o reproche dunha veciña.

Centenares de carballeses expresaron su rechazo en el  salón de plenos de Carballo, a que se cobre la recogida de basura a las viviendas desocupadas, y apoyaron las propuestas de PP y Tega en ese sentido. El BNG contó con el apoyo del PSOE para que prevaleciera su criterio. 

máis información no enlace que podes ver debaixo.
http://www.adiantegalicia.es/municipal/2014/09/30/el-gobierno-mantiene-las-tasas-entre-abucheos.html

martes, 23 de septiembre de 2014

Un fin de semana intenso para Miguel Ferreiro

De visita por actos culturais e sociais estivo este pasado fin de semana Miguel Ferreiro. Nas festas de Rus, nas festas de Bertoa, na feira sectorial da Milagrosa, con Afaber... A verdade é que "o movemento demóstrase andando". 

Nas festas de Santa Eufemia de Bertoa


Coa asociación Afaber


                                                                     Nas festas de Santa Eufemia en Rus