jueves, 26 de febrero de 2015

     Esta é unha das solucións que dende o PP de Carballo barallamos como opción estupenda para a nosa vila, unha obra dun custe moi inferior a un aparcamento subterráneo convencional e un funcionamento espectacular. Un vídeo moi descriptivo do funcionamento xeral dun sistema implantado en todo o mundo dende hai moitos anos. Xapón leva máis de 30 anos utilizando este sistema, máis económico, eficiente, menos contaminante e máis rápido ca un convencional. Esto é o que Carballo necesita para as carencias de aparcamento.O futuro é hoxe!.

                                                        Exemplo de parking robotizado
    

martes, 3 de febrero de 2015

Somos Honrados e Somos Capaces

Miguel Ferreiro e Carlos Negreira
     Este pasado Sábado estivemos na Coruña en Palexco na presentación ante máis de 1500 simpatizantes dos candidatos ás alcaldías de toda a provincia. Está claro que entre eles tiña que estar o candidato á alcaldía de Carballo Miguel Ángel Ferreiro Suárez, ben arroupado por simpatizantes, amigos e membros do comité local do Partido Popular da capital de Bergantiños. Un acto que nos motiva máis aínda para facer de Carballo un pobo sen tanta política de galería e maquillaxe e máis efectividade, facendo unha vila dinámica, recoñecida e valorada polos seus fantásticos traballadores. Arrincamos máis serios ca nunca, porque este Concello merece un cambio xa!!. Un Carballo libre, sen as ataduras dun nacionalismo afogado en toda Galicia. 
     Fai uns días o alcalde de Carballo, o nacionalista Evencio Ferrero dicía: "Podemos equivocarnos, pero somos honrados". Nos tamén nos equivocamos e tamén somos honrados alcalde, pero a maiores somos "capaces". Tras doce anos de goberno, o famoso aparcamento segue sen aparecer, seguimo co uso dos terreos privados de veciños. Seguimos sen o famoso carril bici ata Razo tan chorado durante anos e reclamado nunha coñecida pancarta instalada en Oza tódolos veráns, tódolos veráns ata que chegaron ao goberno claro, xa non a poñen. Estradas ruinosas nas que hai que paralo coche para poder pasar lentamente e non rompelo no intento (sen esaxerar!). Facendo da cultura unha utilización de vergonza para levar a diante as teses políticas nacionalistas. Non falemos da situación do polígono e da súa segunda fase, os empresarios do parque protestando, os comerciantes subíndose polas paredes, pola recien descuberta palabra "humanización" dos resposables do goberno local.

    Aquí deixamos unhas fotos do acto do Sábado na cidade da Coruña. Boa xornada a todos.


Aurelio Núñez e Marisol Piñeiros, deputados no Hórreo

O presidente do PP de G Alberto Núñez entrando ao acto

Alberto Núñez e Carlos Negreira saudan aos prensentes

José Luís Fondo, alcalde de Ponteceso e Carlos Negreira.


Auditorio de Palexco presentaba un cheo absoluto

Galicia e España somos todos.