sábado, 9 de mayo de 2015

Mitin Central do Partido Popular na Provincia da Coruña

     Esta mañá de Sábado, o pavillón dos deportes de Riazor acolleou unha marea azul de alcaldables concelleiros e simpatizantes do Partido Popular de toda a provincia da Coruña. Dende Carballo foron dous autobuses con más dun cento de veciños do Concello, e alí nos atopamos con máis xente da nosa vila que se desprazara pola súa conta. Unhas cinco mil persoas déronse cita no citado pavillón, e asistiron a un acto que comenzou ás doce do mediodía e se prolongou ata a unha da tarde. Foron presentados os 93 candidados do Partido Popular da provincia un a un. Durante o acto falaron o presidente da Deputación da Coruña Diego Calvo, posteriormente colleu o testigo o presidente do Partido Popular Alberto Núñez Feijoó, e rematou o acto coas palabras do actual alcalde da Coruña e candidato a renovarse no cargo, Carlos Negreira.

     Porque en Carballo hai luz ó final do túnel, vota Futuro.
                                "Vota Miguel Ferreiro"


Ás nove e media da mañá, todo preparado para arrancar.

Miguel Ferreiro preparándose para o mitin en Riazor.

José Manuel López Varela Alcalde da Laracha,
foi dos máis ovacionados polo público asistente.

Gradas do pavillón no que se situaron os veciños de Carballo.


Feijoó fala para os presentes, moi aplaudido
en reitaradas ocasións.

O alcalde da Coruña tamén fixo uso da palabra
durante este entrañable acto

Á saída do pavillón miles de persoas buscaban os seus buses,
pero todo foi sinxelo debido á magnífica organización.

Na despedida do acto, Diego Calvo, Carlos Negreira
e Alberto Núñez Feijoo

sábado, 25 de abril de 2015

Presentación das listas do PP de Carballo

    Este pasado Venres 24 de Abril, o PP de Carballo presentou a súa lista de cara ás eleccións municipais de Maio de 2015, o salón de actos do edificio do fórum quedou xusto para acoller á todos os veciños e simpatizantes que se acercaron para acompañar a Miguel Ferreiro na súa posta de longo rodeado de tódolos compañeiros que por suposto, lograrán que o noso candidato sexa o esperado novo alcalde da Capital de Bergantiños.
    Aquí deixamos unhas fotos de varios instantes do de onte.












jueves, 23 de abril de 2015

Roteiro dos baches de Carballo

    O centro moi bonito querémolo todos. Pero Carballo non son só as catro casas ó redor do Concello. Posiblemente o goberno do BNG está a facer probas nas estradas para un deporte extremo que non sabemos cal é. Pero visto o estado dalgunhas vías nas parroquias, seguramente sexa unha proba de alto risco, como chegar a casa coas catro rodas do coche enteiras, ou evitar a peito descuberto as pedras que salten cando pase un vehículo por un burato.
                                     Reivindicamos o "Roteiro dos Baches".

San Cristovo - Carballo

San Cristovo - Carballo

San Cristovo - Carballo

San Cristovo - Carballo

San Cristovo - Carballo

Parque do Rego da Balsa

Rúa Doutor Fleming

Imende - Baldaio

Imende - Baldaio

Imende Baldaio


Imende - Baldaio


Razo - Vía de doble sentido e só cabe un coche.

Estrada en Berdillo

Estrada en Berdillo

Estrada en Berdillo

lunes, 20 de abril de 2015

Candidatura do PP de Carballo -- locais 2015

Estos son os veciños de Carballo que se presentan coas siglas do Partido Popular de Carballo.

  1.- Miguel Angel Ferreiro Suárez
  2.- Ana Casais Ruiz
  3.- Bibiana Bertoa Cambón
  4.- Belén Insua Trigo
  5.- Héctor García Andrade
  6.- Carlos Reyes Pereira
  7.- Roberto García Mira
  8.- Ana Belén Cotelo Díaz
  9.- Cristian Puente Docampo
10.- Margarita Esmorís Fraga
11.- Antonio Pérez Felípez
12.- Ivana Puente Seoane
13.- Luís Miguel Novo Castro
14.- Daniel Casal Rellán
15.- Vanessa Carracedo Pérez
16.- Rudi Cotelo Torres
17.- Mari Carmen Castro Puga
18.- Javier Vilariño Rama

Pechan esta lista de modo simbólico: 
       Aurelio Núñez Centeno 
       Margarita Varela
       Alberto Sueiro Pastoriza

Os suplentes son os seguintes:
     Manuel Varela Rey (Ex alcalde do noso concello)
     Juan Carlos Fuentes Torres 
     Montserrat Cerqueiro Gesto
     Sheila Cotelo Lado
     Juan Manuel Pena Canedo
     José Luís Castro Couto
     Esperanza Pan Collazo

sábado, 11 de abril de 2015

Acto sobre economía e emprego no Forum de Carballo

       Esta mañá o edificio do Forum en Carballo acolleu un acto do Partido Popular no que se deron cita políticos, empresarios e algúns veciños de Carballo e outros concellos cercanos. 
     O evento sobre economía e emprego contou coa destacada presenza da Conselleira de traballo Beatriz Mato, o presidente do PP da Coruña e alcalde desa mesma cidade Carlos Negreira, e o presidente do Partido Popular en Carballo é candidato á alcaldía da nosa vila, Miguel Ferreiro.  
       O Acto estivo moi concurrido, e centrado na importancia do empresario para o desenrrolo dunha comarca, polos beneficios económicos e laborais que reportan ao entorno más cercano. Tamén participaron varios empresarios presentes, con preguntas aos poñentes que respostaron con realidade e responsabilidade.

Miguel Ferreiro recibe á Conselleira Beatriz Mato

Carlos Negreira e Miguel Ferreiro, minutos antes do acto.
Moncho Antelo, Manuel Varela Rey, Beatriz Mato,
 Aurelio Nuñez, Marga Varela e Carlos Negreira

Varios membros do Partido Popular que asistiron á charla.


Beatriz Mato e Marga Varela acceden ó salón de actos.
 
Pouco antes da charla, a entrada do forum estaba moi animada.
  Carlos Negreira charla con Antonio Pensado,
Alcalde de Coristanco, ante Miguel Ferreiro.
Ricardo Serrano, Marga Varela e José Manuel López,
Alcalde da Laracha.

Primeiros minutos do acto, fala Miguel Ferreiro.
Ten a palabra o Presidente do PP Provincial, Carlos Negreira.
   
Os poñentes sobre economía e emprego, Miguel Ferreiro,
 Beatriz Mato, e Carlos Negreira.


miércoles, 25 de marzo de 2015

Vaga de roubos en Carballo

Un dos vehículos dos que foron sustraídos obxectos.
   A noite do Luns ao Martes sete motos do coñecido piloto Carballés Juan Férnandez Puga, foron sustraídas dunha vivenda que posee no lugar da Brea. Esta noite, de novo entraron no garaxe do edificio de Mercadona, roubaron no interior de varios coches destrozándolle os cristais, e levaron dous automóviles. Non fai nin quince días sucedeu algo similar no mesmo garaxe, o coche roubado nesa ocasión apareceu queimado en Razo.



    O mes de Marzo está a resultar do máis fructífero para os Cacos, pero hai que recordar as palabras do concelleiro de Carballo polo BNG, Xosé Regueira:

 << Carballo no es un lugar más inseguro, pero cree que puede darse la percepción social de que ha habido un repunte. «Non é así, e precísase atallar para que estas cousas non pasen de feitos puntuais>> La Voz 15/09/2011.
     Por desgracia non o cree nin él mesmo.



Restos dunha ventanilla nun vehículo roubado.

Porta forzada para acceder ó garaxe

Outro vehículo afectado polo vandalismo e o roubo no mesmo garaxe

jueves, 26 de febrero de 2015

     Esta é unha das solucións que dende o PP de Carballo barallamos como opción estupenda para a nosa vila, unha obra dun custe moi inferior a un aparcamento subterráneo convencional e un funcionamento espectacular. Un vídeo moi descriptivo do funcionamento xeral dun sistema implantado en todo o mundo dende hai moitos anos. Xapón leva máis de 30 anos utilizando este sistema, máis económico, eficiente, menos contaminante e máis rápido ca un convencional. Esto é o que Carballo necesita para as carencias de aparcamento.O futuro é hoxe!.

                                                        Exemplo de parking robotizado
    

martes, 3 de febrero de 2015

Somos Honrados e Somos Capaces

Miguel Ferreiro e Carlos Negreira
     Este pasado Sábado estivemos na Coruña en Palexco na presentación ante máis de 1500 simpatizantes dos candidatos ás alcaldías de toda a provincia. Está claro que entre eles tiña que estar o candidato á alcaldía de Carballo Miguel Ángel Ferreiro Suárez, ben arroupado por simpatizantes, amigos e membros do comité local do Partido Popular da capital de Bergantiños. Un acto que nos motiva máis aínda para facer de Carballo un pobo sen tanta política de galería e maquillaxe e máis efectividade, facendo unha vila dinámica, recoñecida e valorada polos seus fantásticos traballadores. Arrincamos máis serios ca nunca, porque este Concello merece un cambio xa!!. Un Carballo libre, sen as ataduras dun nacionalismo afogado en toda Galicia. 
     Fai uns días o alcalde de Carballo, o nacionalista Evencio Ferrero dicía: "Podemos equivocarnos, pero somos honrados". Nos tamén nos equivocamos e tamén somos honrados alcalde, pero a maiores somos "capaces". Tras doce anos de goberno, o famoso aparcamento segue sen aparecer, seguimo co uso dos terreos privados de veciños. Seguimos sen o famoso carril bici ata Razo tan chorado durante anos e reclamado nunha coñecida pancarta instalada en Oza tódolos veráns, tódolos veráns ata que chegaron ao goberno claro, xa non a poñen. Estradas ruinosas nas que hai que paralo coche para poder pasar lentamente e non rompelo no intento (sen esaxerar!). Facendo da cultura unha utilización de vergonza para levar a diante as teses políticas nacionalistas. Non falemos da situación do polígono e da súa segunda fase, os empresarios do parque protestando, os comerciantes subíndose polas paredes, pola recien descuberta palabra "humanización" dos resposables do goberno local.

    Aquí deixamos unhas fotos do acto do Sábado na cidade da Coruña. Boa xornada a todos.


Aurelio Núñez e Marisol Piñeiros, deputados no Hórreo

O presidente do PP de G Alberto Núñez entrando ao acto

Alberto Núñez e Carlos Negreira saudan aos prensentes

José Luís Fondo, alcalde de Ponteceso e Carlos Negreira.


Auditorio de Palexco presentaba un cheo absoluto

Galicia e España somos todos.