lunes, 15 de diciembre de 2014

Pleno do 15/12/2014

Moi boas tardes veciños e amigos, hoxe ás 20:30 hrs. no salón de plenos do concello de Carballo, debatiremos os presupostos para o ano 2015, o concelleiro socialista xa adianta que non votará en contra, polo que pouco se pode facer xa. Pero tamén falaremos do problema tan gordo que estamos a ter coa nova iluminación. Un goberno como o do BNG que non escatima en gastos inútiles (véxase o Túnel, rotonda inútil nunha recta, parking inexistente, compra dun edificio para tiralo e segue en pé dez anos despois...), retira 800 puntos de luz no Concello. Os máis destacados que podemos referenciar son as 70 farolas nos parques do Anllóns, San Martiño e A Milagrosa, ademáis de puntos de luz na rúa Coruña ou Vázquez de Parga entre outros, donde cada poste tiña dous focos, e agora só un.
Desexámosvos un feliz día a todos, e vamos a pelexar porque os Carballeses se decaten dunha vez do que estos gobernantes do BNG están a desfacer máis que facer.

Unha das moitas farolas que foron "retocadas"

lunes, 1 de diciembre de 2014

Sobre a problemática do lixo en Carballo

   O pasado luns, cando se estaba tratando o terceiro punto da orde do día, varios veciños interromperon o Pleno Municipal e en ese momento o Alcalde decidiu suspéndelo, levantouse e marchou, e tras él saíron o resto de corporativos do BNG. E certo que unha vez iniciada a sesión o público non pode intervir, pero non e menos certo que era a primeira interrupción que se producía e o normal e que dera aviso os que protestaban, alomenos unha vez, advertíndolles que si persistían na súa actitude debían abandonar o Salón de Plenos. Nada de iso fixo.
   Por iso a nos pereceunos unha medida prematura e desproporcionada. De todos os xeitos, intentamos non darlle mais transcendencia porque penso que os problemas non se solucionan porque se suspenda ou se deixe de suspender un Pleno Municipal.
    Para a nosa sorpresa tanto o Sr. Alcalde como o Sr. Regueira saen publicamente culpando os veciños, dicindo que para o goberno se lles fai moi duro loitar contra situacións tan inxustas, que as suas pretensións son unha desvergonza, que casi ningún concello permite acceder o Pleno con pancartas, que o Pleno foi tomado pola xente propietaria de vivendas baleiras a berros, que esta xente desestabiliza a normalidade democrática para manter privilexios...: e todo iso facendo comparativas demagóxicas sen sentido coa señora desahuciada en Vallecas, con STOP desafiuzamentos y coa Plataforma de Afectados pola Hipoteca; e incluso facendo referencia o termo tan de moda: “casta”.
    Pois ben, quero puntualizar o seguinte:
1.- En relación coa protesta, fai uns meses veu o Pleno a CIGA e en outra ocasión a plataforma en contra de mina de Corcoesto, todos con pancartas e reclamos reivindicativos e nada se dixo. Agora que as pancartas as levan quen protesta contra as decisión do goberno municipal parece haber problemas. E obvio que todo o mundo ten dereito a protestar por aquelo que non consideran xusto, non soo aqueles cos que o goberno municipal simpatiza.
2.- En relación coa taxa de lixo das vivendas baleiras, nos propoñemos volver o regulado na anterior ordenanza que vinculaba o pago da taxa a efectiva ocupación (si non xenera lixo non nos parece xusto que pague a taxa de recollida de lixo) regulación que foi pacífica sempre en Carballo, incluídos os 9 primeiros anos do goberno de Evencio Ferrero. Si esa normativa era tan tremendamente inxusta como din, como e posíbel que a mantiveran en vigor 9 anos. Mal se comprende.
Critican que o Partido Popular teña distinto criterio en cada municipio en relación con este tema pero non pode ser de outro xeito. O Partido Popular, obviamente, como depende da autonomía de cada Concello non ten unha ordenanza tipo, como tampouco a ten o Bloque. Si iso fora así chegaríase o absurdo de que cada vez que houbese un cambio de goberno municipal habería que cambiar todas as ordenanzas, por iso a Ordenanza que teñen en Camariñas, Dumbria ou Santiago non teñen por que ser iguales a de Carballo. En Carballo o pago estuvo sempre vinculado a ocupación.
O cambio da Ordenanza foi unha decisión do goberno coa única finalidade de recadar mais (nestes últimos 4 años o goberno de Evencio Ferrero subiu os tributos un 21%, pasando de ingresar 9.500.000 a ingresar 11.500.000 €, e dicir, 2.000.000 de euros máis; lamentablemente todos eles adicados o gasto corrente do Concello e non a inversión)
Un pode estar de acordo ou non con que as vivendas baleiras paguen a taxa de lixo (recordemos que xa pagan a contribución e todos os impostos que gravaron a adquisición da propiedade), pero o que non nos parece de recibo e que se califique as pretensión de estes veciños de desvergonza e manifesta inxustiza. E tampouco nos parece de recibo que se empregue o termo casta para referirse a quenes o único que fixeron no seu dia foi inverter os seus cartos en Carballo contribuindo o progreso da nosa vila.
Todos debemos esforzarnos para deixarlle os nosos fillos un Carballo mellor que o que nos temos e nos momentos de maior dificultade e cando máis unidos debemos estar. Por eso, Sres Ferrero e Regueira, creo firmemente que lle facemos un  flaco favor o futuro do noso pobo si queremos dividir os carballeses en castas. 

Miguel Ferreiro é o voceiro do PP de Carballo