jueves, 30 de octubre de 2014

Obras de mellora da estrada Carballo-Santiago

nova recollida en Quepasanacosta.com

 O pleno da Deputación aprobará este venres o proxecto de mellora do firme ao longo da estrada DP.1914 de Carballo a Portomouro, a estrada que une a capital berganmiñá con Santiago de Compostela.

Estrada Carballo - Santiago, lugar de Entrecruces 
Segundo o proxecto, trátase de estender unha capa de mestura bituminosa en todo o ancho da calzada, cunha superficie total de 51.000 metros cadrados. Nos puntos máis deteriorados, onde o firme existente se atope máis agretado, realizarase un fresado e unha reposición completa. 
Do mesmo xeito, executarase a sinalización horizontal necesaria nun total de 28,9 quilómetros nas beiravías e de 14,5 quilómetros en liña de eixo. Por último, instalarase unha drenaxe lonxitudinal con canalización de pvc en aproximadamente 50 metros. 
 A obra conta cun investimento estimado de 444.000 euros.



miércoles, 29 de octubre de 2014

A Carballesa Margarita Varela toma posesión do seu escaño no parlamento en sustitución Erias


  (EFE) A deputada do Partido Popular Margarita Varela tomou hoxe posesión do seu escano no Congreso dos Deputados despois de xurar acatala Constitución durante o pleno deste Martes.

          Marga Varela, sustitúe ó deputado pola Coruña Antonio erias, quen solicitou a renuncia do seu escano no Congreso para ocupar un alto cargo no Operador do Mercado ibérico de Gas, según informaron a Efe fontes do grupo parlamentario popular.
               O Operador do Mercado Ibérico de Gas é o equivalente ó operador do mercado da electricidade, marco donde se realizan as transaccións maioristas deste tipo de enerxía.                O escano de Erias será ocupado pola concelleira Carballesa Marga Varela    quen previsiblemente tomará posesión no pleno do Congreso da próxima semana. 
           Erias era ata o de agora portavoz do PP na comisión de industria, Enerxía e Turismo da Cámara baixa.
A deputada Carballesa Marga Varela no seu escano no congreso dos deputados en Madrid.