Esta mañá de Sábado, o pavillón dos deportes de Riazor acolleou unha marea azul de alcaldables concelleiros e simpatizantes do Partido Popular de toda a provincia da Coruña. Dende Carballo foron dous autobuses con más dun cento de veciños do Concello, e alí nos atopamos con máis xente da nosa vila que se desprazara pola súa conta. Unhas cinco mil persoas déronse cita no citado pavillón, e asistiron a un acto que comenzou ás doce do mediodía e se prolongou ata a unha da tarde. Foron presentados os 93 candidados do Partido Popular da provincia un a un. Durante o acto falaron o presidente da Deputación da Coruña Diego Calvo, posteriormente colleu o testigo o presidente do Partido Popular Alberto Núñez Feijoó, e rematou o acto coas palabras do actual alcalde da Coruña e candidato a renovarse no cargo, Carlos Negreira.
Porque en Carballo hai luz ó final do túnel, vota Futuro.
"Vota Miguel Ferreiro"
|
Ás nove e media da mañá, todo preparado para arrancar. |
|
Miguel Ferreiro preparándose para o mitin en Riazor. |
|
José Manuel López Varela Alcalde da Laracha, foi dos máis ovacionados polo público asistente. |
|
Gradas do pavillón no que se situaron os veciños de Carballo. |
|
Feijoó fala para os presentes, moi aplaudido en reitaradas ocasións. |
|
O alcalde da Coruña tamén fixo uso da palabra durante este entrañable acto |
|
Á saída do pavillón miles de persoas buscaban os seus buses, pero todo foi sinxelo debido á magnífica organización. |
|
Na despedida do acto, Diego Calvo, Carlos Negreira e Alberto Núñez Feijoo |