sábado, 9 de mayo de 2015

Mitin Central do Partido Popular na Provincia da Coruña

     Esta mañá de Sábado, o pavillón dos deportes de Riazor acolleou unha marea azul de alcaldables concelleiros e simpatizantes do Partido Popular de toda a provincia da Coruña. Dende Carballo foron dous autobuses con más dun cento de veciños do Concello, e alí nos atopamos con máis xente da nosa vila que se desprazara pola súa conta. Unhas cinco mil persoas déronse cita no citado pavillón, e asistiron a un acto que comenzou ás doce do mediodía e se prolongou ata a unha da tarde. Foron presentados os 93 candidados do Partido Popular da provincia un a un. Durante o acto falaron o presidente da Deputación da Coruña Diego Calvo, posteriormente colleu o testigo o presidente do Partido Popular Alberto Núñez Feijoó, e rematou o acto coas palabras do actual alcalde da Coruña e candidato a renovarse no cargo, Carlos Negreira.

     Porque en Carballo hai luz ó final do túnel, vota Futuro.
                                "Vota Miguel Ferreiro"


Ás nove e media da mañá, todo preparado para arrancar.

Miguel Ferreiro preparándose para o mitin en Riazor.

José Manuel López Varela Alcalde da Laracha,
foi dos máis ovacionados polo público asistente.

Gradas do pavillón no que se situaron os veciños de Carballo.


Feijoó fala para os presentes, moi aplaudido
en reitaradas ocasións.

O alcalde da Coruña tamén fixo uso da palabra
durante este entrañable acto

Á saída do pavillón miles de persoas buscaban os seus buses,
pero todo foi sinxelo debido á magnífica organización.

Na despedida do acto, Diego Calvo, Carlos Negreira
e Alberto Núñez Feijoo

No hay comentarios: