domingo, 2 de febrero de 2020

O Grupo Municipal Popular asiste a unha reunión entre Concello de Carballo e a Axencia Galega de Infraestructuras (AXI) para tratar a reforma integral da Avenida de Fisterra de Carballo.


O Grupo Municipal Popular asistiu, o pasado venres 31 de xaneiro, a unha reunión entre Concello de Carballo e a Axencia Galega de Infraestructuras (AXI) para tratar a reforma integral da Avenida de Fisterra de Carballo promovida nunha moción presentada polo Partido Popular.
No pleno do pasado mes de novembro aprobouse cos votos favorables de todos os grupos da corporación unha moción presentada polo noso grupo Popular para o arranxo da Avenida de Fisterra, unha das principais entradas á nosa Vila, na que se pedía o arranxo integral do tramo urbano da mesma, debido ó mal estado no que se atopan aceras e o saneamento do que varios vecinos xa mostraron as súas queixas ante o Concello.
Na reunión falouse de asinar un convenio para que as obras se financien entre a Xunta e o Concello e a súa posterior transferencia ó ente municipal dos mais de 700 m. da Avenida no seu tramo urbano.
Xa están a pleno rendimento as obras das sendas peonís e ciclistas que con máis de 2,5 Km unirá Carballo e Coristanco (AC-552) na que a Xunta de Galicia está a investir 1 Millón de Euros.