jueves, 30 de octubre de 2014

Obras de mellora da estrada Carballo-Santiago

nova recollida en Quepasanacosta.com

 O pleno da Deputación aprobará este venres o proxecto de mellora do firme ao longo da estrada DP.1914 de Carballo a Portomouro, a estrada que une a capital berganmiñá con Santiago de Compostela.

Estrada Carballo - Santiago, lugar de Entrecruces 
Segundo o proxecto, trátase de estender unha capa de mestura bituminosa en todo o ancho da calzada, cunha superficie total de 51.000 metros cadrados. Nos puntos máis deteriorados, onde o firme existente se atope máis agretado, realizarase un fresado e unha reposición completa. 
Do mesmo xeito, executarase a sinalización horizontal necesaria nun total de 28,9 quilómetros nas beiravías e de 14,5 quilómetros en liña de eixo. Por último, instalarase unha drenaxe lonxitudinal con canalización de pvc en aproximadamente 50 metros. 
 A obra conta cun investimento estimado de 444.000 euros.



No hay comentarios: