martes, 4 de noviembre de 2014

Inaugurada a Unidade de atención temperá de Carballo

      Onte Luns inaugurouse en Carballo a Unidade de Atención Temperá, na que os nenos de ata 6 anos con algún tipo de discapacidade recibirán unha atención integral, e de gran necesidade para Carballo. Estará instalada no edificio do antiguo ambulatorio da localidade, nun local cedido polo concello. Este servicio é o primeiro en funcionamento na provincia da Coruña e o terceiro de Galicia, e foi posto en marcha pola Consellería de traballo e benestar e maila asociación galega de atención tempra (AGAT), e tamén coa colaboración do Concello de Carballo. 

Miguel Ferreiro do PP de Carballo, Belén do Campo, Coro piñeiro e o
 Alcalde de Carballo entre outros asistentes na apertura do AGAT.
      A apertura oficial correu a cargo de Coro Piñeiro, directora xeral de política social. Tamén estivo Teresa Busto, presidenta de AGAT que agradeceu a colaboración da xunta para a pertura de este centro, entre os asisentes o alcalde de Carballo e doutros concellos da bisbarra, debido ó carácter comarcal da unidade inaugurada. Tamén asistiron a esta trascendental inauguración o parlamentario e concelleiro carballés do partido popular Aurelio Núñez, e o portavoz do PP no concello Miguel Ferreiro. 
Marga Varela e Belén Docampo na inauguración da AGAT en Carballo 
     
     Catorce familias están xa a espera dunha cita nunha instalación que a entidade promotora quixo crear hai xa cinco anos na capital da comarca, pero que non se foi posible ata onte.


No hay comentarios: