lunes, 15 de diciembre de 2014

Pleno do 15/12/2014

Moi boas tardes veciños e amigos, hoxe ás 20:30 hrs. no salón de plenos do concello de Carballo, debatiremos os presupostos para o ano 2015, o concelleiro socialista xa adianta que non votará en contra, polo que pouco se pode facer xa. Pero tamén falaremos do problema tan gordo que estamos a ter coa nova iluminación. Un goberno como o do BNG que non escatima en gastos inútiles (véxase o Túnel, rotonda inútil nunha recta, parking inexistente, compra dun edificio para tiralo e segue en pé dez anos despois...), retira 800 puntos de luz no Concello. Os máis destacados que podemos referenciar son as 70 farolas nos parques do Anllóns, San Martiño e A Milagrosa, ademáis de puntos de luz na rúa Coruña ou Vázquez de Parga entre outros, donde cada poste tiña dous focos, e agora só un.
Desexámosvos un feliz día a todos, e vamos a pelexar porque os Carballeses se decaten dunha vez do que estos gobernantes do BNG están a desfacer máis que facer.

Unha das moitas farolas que foron "retocadas"

No hay comentarios: